Sede electrónica Concello de Teo

13:11:44 Xoves 21 de novembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de tarxetas de estacionamento e accesibilidade para persoas con mobilidade reducida

O procedemento "Solicitude de tarxetas de estacionamento e accesibilidade para persoas con mobilidade reducida" ten como obxecto facilitar a tarxeta de accesibilidade para o transporte público e a tarxeta de estacionamento aos veciños ou veciñas do municipio con graves problemas de mobilidade, como documento acreditativo da súa situación, con carácter persoal e intransferible, coa finalidade de favorecer o uso e goce dos transportes privados e para que o seu titular poida gozar das facilidades de estacionamento relacionadas coa mesma.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Fotocopia do DNI, ou documento identificativo da persoa física que presenta a solicitude, no caso de non ser telemática a presentación.
  • Anexo III no caso de ser persoa xuridica a quen presenta a solicitude.
  • Dúas fotografías tamaño carné.
  • Certificado de discapacidade ou informe da Equipa de Valoración e Orientación (EVO), ou informe dos servizos médicos competentes no caso dar tarxeta de estacionamento provisional.
  • No caso de que a persoa con dificultades sexa menor de idade, a documentación necesaria para comprobar que a persona que presenta ten a capacidade xurídica necesaria para desempeñar a súa representación, e copia do documento de identidade da persoa que ostenta dita representación.
  • No caso de que a persoa con dificultades sexa maior de idade incapacitada xudicialmente, copia compulsada da sentenza de inhabilitación e copia do documento de identidade da persoa que é titora.

Nome: Solicitude de tarxetas de estacionamento e accesibilidade para persoas con mobilidade reducida.

Unidade tramitadora:
Servizos Sociais.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter silencio administrativo:
Silencio positivo.

Prazo de resolución:
3 meses.

Recurso aplicable:
Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: Non aplica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.