A comunicación previa de primeira ocupación acredita que as novas edificacións, unifamiliares ou colectivas, cumpren os requisitos: a) o edificio ou, no seu caso, a urbanización da contorna, realizáronse conforme o proxecto técnico e a licenza concedida; b) reúne as condicións esixidas de seguridade, salubridade e ornamento público; c) quen construe repuxo os elementos e equipamentos urbanísticos que resultaron danados.
Cando se presente CP de Primeira Ocupación parcial por edificios ou portais completos, deberanse de dar as seguintes condicións:
a) Que o estado de execución das obras autorizadas permita a súa utilización e ocupación con independencia da parte do edificio ou a construción inacabada.
b) Que a parte para cuxa ocupación ou utilización solicítese comunicación previa fose executada integramente de conformidade co proxecto autorizado e, se procede, coas súas modificacións e coas condicións da licenza urbanística outorgada.
c) Que a súa utilización e ocupación e o final das obras non se interfiran mutuamente de forma grave.
d) Outras que establezan as ordenanzas municipais da edificación, se procede.
Datos identificativos da parcela:
Identifique a parcela con precisión mediante a referencia catastral. Se isto non fose suficiente, debe achegar a documentación gráfica precisa que a identifique de forma inequívoca.
Taxa pola expedición da licenza de primeira ocupación de vivendas unifamiliares: | |
-Ata 200 m2 construídos | 60 euros |
-De 200 m2 construídos ata 400 m2 construidos | 90 euros |
-Máis de 400 m2 construídos | 120 euros |
Para más información puede ustede contactar con el Servicio de Licencias y Disciplina Urbanística: |
Travesía de A Ramallosa, 38, 15883 Teo, A Coruña Teléfono: 981 815700 Correo: urbanismo@teo.gal |
Calquera persoa física ou xurídica que desexe obter unha comunicación previa de primeira ocupación de edificios.
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
NOTA: A documentación técnica tramitada a través da plataforma de traballos profesionais do COAG ou outros colexios profesionais non terá que ser achegada; só se terá que indicar na instancia o código correspondente.
Nome: Comunicación previa de primeira ocupación de edificacións.
Unidade tramitadora: Urbanismo.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Taxas/impostos: Consultar ordenanzas fiscais do apartado de normativa.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.