CONSTITUCIÓN E COMPOSICIÓN DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL
EXP: 2025/X999/000511
ANUNCIO
Con data do 27 de xuño de 2023, por esta Alcaldía ditouse a Resolución 783/2023, que de seguido se transcribe integramente:
“EXPEDIENTE: 2023/G003/000812
ASUNTO: CONSTITUCIÓN E COMPOSICIÓN DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL
Unha vez celebradas as eleccións locais o pasado día 28 de maio e constituído o novo Concello, o 17 de xuño, resulta necesario proceder ao establecemento da organización municipal, en particular, á constitución da Xunta de Goberno Local, no exercicio da potestade de autoorganización que o artigo 4.1.a) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL) recoñece aos municipios.
De conformidade co disposto nos artigos 4 e 9 do Regulamento orgánico municipal (ROM), artigos 20.1.b) e 23 da citada Lei, en concordancia coas previsións da lexislación autonómica de réxime local contidas na Lei 5/97, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, e demais lexislación complementaria, no Municipio de Teo é obrigatoria a constitución da Xunta de Goberno Local por ter unha poboación superior a 5.000 habitantes, e estará integrada polo persoa titular da Alcaldía e un número de concelleiras/os non superior ao terzo do número legal das/os que compoñen a Corporación.
Considerando que de conformidade co disposto nos artigos 5.3, 6, 7 e 10 do ROM, artigos 21.3 e 23.2.b) da LRBRL, artigos 43 e 44 do R.D 2568/1986, doe 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, en concordancia coas previsións da lexislación autonómica de réxime local contidas na Lei 5/97, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, a persoa titular da Alcaldía pode delegar o exercicio das súas atribucións coas limitacións establecidas nos artigos citados.
En virtude do exposto e no uso das atribucións que me confire a lexislación vixente,
RESOLVO:
Primeiro. Constituír a Xunta de Goberno Local do Concello de Teo, que estará integrada por esta alcaldesa e cinco concelleiras/os.
Segundo.- Nomear como membros da Xunta de Goberno Local as/os seguintes concelleiras/os:
D. JOSÉ MANUEL GUERRA CALVELO
D. ROGELIO LEMA MOUGÁN
D.ª MARÍA MARGARITA ROSENDE DOMÍNGUEZ
D.ª MARÍA VÁZQUEZ REY
D. ÁNGEL BARREIRO RODRÍGUEZ
Terceiro.- Delegar na Xunta de Goberno Local, as seguintes atribucións da Alcaldía:
1.- Os contratos de obras, de subministro, de servizos, os contratos de concesión de obras, os contratos de concesión de servizos e os contratos administrativos especiais cando o seu valor estimado non supere o 10 por cen dos recursos ordinarios do orzamento nin, en calquera caso, a contía de seis millóns de euros, incluídos os de carácter plurianual cando a súa duración non sexa superior a catro anos, eventuais prórrogas incluídas sempre que o importe acumulado de todas as súas anualidades non supere nin a porcentaxe indicada, referida aos recursos ordinarios do orzamento do primeiro exercicio, nin a contía sinalada, reservándose a Alcaldía a facultade de contratar cando nas mesmas condicións o valor estimado non supere os 300.000 euros.
2.- A aprobación dos proxectos de obras e servizos candos sexa competente para a súa contratación e estean previstos nos orzamentos.
3.- A concesión e caducidade de licenzas urbanísticas, e a aprobación das liquidacións tributarias correspondentes.
4.- Autorizacións de ocupación de dominio público municipal, reservándose a Alcaldía a competencia para o outorgamento das licenzas de utilización das vías públicas mediante a entrada de vehículos a través beirarrúas e por reserva da vía pública para aparcadoiro exclusivo, carga e descarga de mercadorías de calquera clase.
5.- A concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva e distribución de cantidades con cargo ás partidas que figuren no orzamento.
Cuarto.- A Xunta de Goberno Local celebrará sesión constitutiva o vindeiro venres 7 de xullo de 2023, ás trece horas, de acordo co disposto no artigo 112 do ROF.
A periodicidade das súas sesións ordinarias, de acordo co establecido no artigo 11.1 do Regulamento orgánico municipal, será o primeiro e terceiro luns da cada mes ás 14 horas, (ás 13 cando exista horario reducido), e extraordinaria e urxente cando sexan convocadas pola persoa titular da Alcaldía ou a instancia de polo menos unha cuarta parte do número legal dos seus compoñentes.
A estes efectos entenderase que a referencia ao primeiro e terceiro luns, deben ser hábiles, se o luns cadrase festivo trasladarase ao seguinte día hábil.
Quinto.- O presente Decreto surtirá efecto dende o día da súa data, sen prexuízo da súa preceptiva publicación no Boletín Oficial da Provincia, na web municipal, na Sede electrónica e no taboleiro de edictos da Corporación, debéndose notificar persoalmente aos membros da Xunta de Goberno Local aos efectos do previsto no artigo 114 do ROF que esixe, para á eficacia da delegación, a súa aceptación por parte do delegado, entendéndose tacitamente aceptada se no termo de tres días hábiles non fai manifestación expresa ante o órgano delegante de que non acepta a delegación.
Sexto.- Dar traslado do presente a todos os departamentos municipais, para o seu coñecemento e efectos oportunos, dándose conta ao Pleno na sesión extraordinaria que se convoque para dar cumprimento ao previsto no artigo 38 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades Locais.“
Teo, 19 de agosto de 2025
A alcaldesa
Lucía Calvo de la UZ