Sede electrónica Concello de Teo

18:18:44 Martes 3 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Comunicación previa de inicio ou modificación de actividade

A Comunicación Previa de Inicio ou Modificación de Actividade presentada cumprindo con todos os requisitos constitúe un acto xurídico que, de acordo con a lei, habilita para o inicio da actividade ou a apertura do establecemento e faculta a Administración pública para verificar a conformidade dos datos que se conteñen nela.

Deberá especificar si non foron necesarias obras ou se finalizaron as previamente autorizadas ou comunicadas co fin de poñer en marcha unha nova actividade (ou co de modificar substancialmente unha actividade previamente autorizada/declarada/comunicada).

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Comunicación Previa de Inicio ou Modificación de Actividade.
  • No caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade da persoa representante e da persoa interesada coa autorización escrita desa última ou copia de poder para representala (ver modelo). No caso de presentación online, non é necesario aportar o documento de identidade da persoa que presenta (nin da persoa interesada no caso de utilizar un certificado electrónico de representación).
  • Memoria explicativa da actividade que se pretende realizar, coa manifestación expresa do cumprimento de todos os requisitos técnicos e administrativos.
  • Proxecto e documentación técnica que resulte esixible segundo a natureza da actividade ou instalación.
  • A autorización ou declaración ambiental que proceda.
  • As autorizacións e os informes sectoriais que sexan preceptivos, xunto coa manifestación expresa de que se conta con todos os necesarios para o inicio da obra, instalación ou actividade.
  • Xustificante de pago de taxas segundo a/as ordenanza/s vixente/s.

Nome: Comunicación Previa de Inicio ou Modificación de Actividade.

Unidade tramitadora:
Urbanismo.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Taxas/Impostos: Consultar ordenanzas fiscais do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.