Sede electrónica Concello de Teo

12:56:21 Mércores 10 de xuño 2026

Información

SERVIZOS SOCIAIS

28/05/2026

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADXUDICACIÓN DE PRAZA E AGARDA DAS EEIIMM PARA O CURSO 2026-2027

EXP: 2026/S004/000002

Por Resolución da Alcaldía 620/2026, de 26 de maio de 2026, aprobouse a listaxe provisional de solicitudes admitidas, con mención á situación de adxudicación de praza ou permanencia en garda, e solicitudes excluídas con indicación dos motivos da exclusión, nas Escolas Infantís Municipais para o curso 2026-2027.

 

Todas as persoas que aparecen como adxudicatarias dunha praza deben de formalizar a matrícula DO DÍA 1 AO 15 DE XUÑO, AMBOS INCLUÍDOS, de non ser así perderíase a praza.

O impreso de matrícula está á súa disposición na web municipal, nos servizos sociais comunitarios, no rexistro xeral do concello e nas escolas infantís.

Todas as persoas que se matriculen deben achegar:

  • Domiciliación bancaria selada pola entidade ou acompañada de documentación xustificativa da titularidade.

  • No caso de aquelas crianzas que figuran como pendentes de nacemento, deberán achegar tamén a xustificación documental de que a crianza naceu antes do 1 de xuño.

  • Xustificación documental de que a crianza se atopa ao día no seguimento do calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación.

  • Declaración da renda do ano 2025 ou o certificado negativo dos/das responsables legais á maior brevidade posible.


Xustificantes de Publicación: