Información pública cesión parcela a VIPUGAL para a contrución de vivendas de promoción pública
EXP: 2026/X999/000180
ANUNCIO
INFORMACIÓN PÚBLICA CESION DE PARCELA A VIPUGAL PARA A CONSTRUCCIÓN DE VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA
O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 25 de marzo de 2026, acordou aprobar inicialmente a cesión gratuíta á Sociedade de Vivenda Pública de Galicia da parcela integrada no Patrimonio Municipal do Concello de Teo que se detalla a continuación, para a construción de vivendas de promoción pública:
Descrición da finca: Finca Zona C1-B-D-A-C2-E, sita no lugar da Ramallosa, parroquia de Lucí.
Paraxe: Ramallosa
Código Postal: 15883
Superficie: 3.526,01 metros cadrados
Lindeiros:
Norte: ESTRADA AC-0205 DA RAMALLOSA A CASALONGA
Sur: FINCAS SAUR – 3
Leste HERMANOS MARTINEZ CAO E RESIDENCIAL VALLE DE RAMALLOSA, S.L.
Oeste: CAMIÑO PÚBLICO
Inscrición no Rexistro da Propiedade de Padrón ao Tomo 854, Libro 315 Folio 177 inscrición 3.
Segundo o exposto e de acordo cos artigos 110.1 f) do RBEL e 83 da LPAC, sométese o expediente a información pública, mediante publicación de anuncio no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios do Concello, polo prazo de 20 días, a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio no BOP, a fin de que as persoas interesadas poidan presentar as alegacións que estimen pertinentes.
O acordo estará así mesmo a disposición das persoas interesadas no portal de transparencia (https://teo.gal/gl) e na sede electrónica do Concello de Teo (https://sede.teo.gal/sxc/gl/informacion/).
No caso de que non se presentara ningunha alegación, entenderase definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional, facéndose así publico no BOP da Coruña.
O expediente atópase a disposición das persoas interesadas no departamento de Secretaría do Concello de Teo, de luns a venres, en horario de 08:00 a 15:00 hs.
Teo, 26 de marzo de 2026
A alcaldesa
Lucía Calvo de la Uz