Sede electrónica Concello de Teo

14:54:46 Luns 22 de decembro 2025

Información

SECRETARÍA

17/12/2025

DELEGACIÓN DE ATRIBUCIÓNS EN CONCELLEIRO ANGEL BARREIRO RODRÍGUEZ

EXP: 2023/X999/000366

ANUNCIO

De acordo co establecido no artigo 44 do R.D. 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades Locais, con data do 15 de decembro de 2025, por esta Alcaldía ditouse a Resolución 1613/2025, que de seguido se transcribe integramente:

“ASUNTO: DELEGACIÓN DE ATRIBUCIÓNS EN ANGEL BARREIRO RODRÍGUEZ.

EXPEDIENTE: 2025/G003/001678

Visto o réxime xurídico das delegacións que a persoa titular da Alcaldía pode realizar en favor das/os concelleiras/os, de acordo co establecido nos artigos 6, 7 e 16 do Regulamento orgánico municipal (ROM), artigos 43 e ss do R.D 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROF), en concordancia coas previsións da lexislación autonómica de réxime local contidas na Lei 5/97, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, e demais lexislación complementaria.

Considerando que, segundo o artigo 115 do ROF, se non se dispón outro cousa, o órgano delegante conservará, entre outras, a facultade de resolver os recursos de reposición que poidan interporse, salvo que no decreto ou acordo de delegación expresamente se confira a resolución dos citados recursos contra os actos ditados polo órgano delegado.

Tendo en conta a normativa citada, mediante Decreto da Alcaldía do 27 de xuño de 2023 resolveuse facer delegación de atribucións nas/os concelleiras/os da Corporación, nos termos recollidos no mesmo.

Tendo en conta o tempo transcorrido, resulta precisa ampliar, no caso do concelleiro de desenvolvemento industrial e economía local, D. Ángel Barreiro Rodríguez, as facultades delegadas, ampliándoas no ámbitos relacionados coa seguridade e saúde laboral e prevención de riscos laborais.

En virtude do exposto e no uso das atribucións conferidas polo normativa aplicable,

RESOLVO:

Primeiro.- Delegar en D. ÁNGEL BARREIRO RODRÍGUEZ, concelleiro delegado de desenvolvemento industrial e economía local, segundo o Decreto da Alcaldía do 27 de xuño de 2023, as seguintes atribucións:

A) En materia de seguridade e saúde laboral relacionada co persoal municipal ou que preste servizos ao Concello de Teo:

1.- A presidencia do Comité de Seguridade e saúde Laboral.

2.- Ditar calquera acto administrativo que sexa preciso para a dirección deste servizo interno.

B) En materia de prevención de riscos laborais, tanto respecto ao persoal municipal como a terceiros que contraten co Concello, en calquera materia na que o Concello exerza as súas competencias:

a) Redacción / contratación e seguimento do plan de prevención de riscos laborais, ditando cantos actos administrativos sexan precisos ao efecto.

b) Cumprimento da normativa en materia de prevención de riscos laborais, ditando cando actos administrativos sexan preciso ao efecto.

c) Resolución de recursos que se plantexen en materia de seguridade, saúde laboral e prevención de riscos laborais.

Segundo.- A Alcaldía, en calquera momento, poderá asumir as atribucións delegadas na presente Resolución, sen prexuízo da súa avocación conforme á lexislación de procedemento administrativo común.

Terceiro.- O presente Decreto surtirá efecto dende o día da súa data, sen prexuízo da súa preceptiva publicación no Boletín Oficial da Provincia, na web municipal, na Sede electrónica e no taboleiro de edictos da Corporación, debéndose notificar persoalmente ao destinatario da delegación, aos efectos do previsto no artigo 114 do ROF que esixe, para á eficacia da mesma, a súa aceptación por parte do delegado, entendéndose tacitamente aceptada se no termo de tres días hábiles non fai manifestación expresa ante o órgano delegante de que non acepta a delegación.

Cuarto.- Dar traslado do presente a todos os departamentos municipais, para o seu coñecemento e efectos oportunos, dándose conta ao Pleno na vindeira sesión que se celebre.”

Teo, 16 de decembro de 2025

A alcaldesa

Lucía Calvo de la UZ


 


Xustificantes de Publicación: