Aprobación inicial do Regulamento do Servizo de Atención Temperá dos Concellos de Teo e Ames
EXP: 2025/G013/000001
ANUNCIO
O Pleno municipal, na sesión ordinaria do 25 de xuño de 2025, acordou aprobar inicialmente o Regulamento de condicións de prestación do servizo de atención temperá dos Concellos de Teo e Ames, e sometelo a información pública.
De acordo co exposto e para dar cumprimento ao previsto no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, sométese o expediente a información pública mediante anuncio no BOP e no taboleiro de anuncios do Concello, durante o prazo de 30 días, contado a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no BOP de A Coruña, co obxecto de que toda persoa interesada poida formular as reclamacións e suxerencias que estime oportunas, podendo ser consultado o expediente no departamento de Servizos Sociais do Concello de Teo.
No suposto de que non se formulen reclamacións durante a exposición pública, quedará aprobado definitivamente o Regulamento citado.
Teo, 20 de agosto de 2025
A alcaldesa
Lucía Calvo de la Uz