Sede electrónica Concello de Teo

16:12:46 Mércores 20 de agosto 2025

Información

SECRETARÍA

20/08/2025

NOMEAMENTO DE TENENTES DE ALCALDE

EXP: 2025/X999/000511

ANUNCIO

Con data do 27 de xuño de 2023, por esta Alcaldía ditouse a Resolución 784/2023, que de seguido se transcribe integramente:

“ASUNTO: NOMEAMENTO DE TENENTES DE ALCALDE

EXPEDIENTE: 2023/G003/000813

Unha vez celebradas as eleccións locais o pasado día 28 de maio e constituído o novo Concello, o día 17 de xuño, resulta necesario proceder ao establecemento da organización municipal, en particular polo que se refire á designación dos Tenentes de alcalde.

Considerando que de conformidade co disposto nos artigos 4 e 8 do Regulamento orgánico municipal (ROM), artigos 20.1.a), 21 e 23 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL), artigo 46 do R. D. 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades Locais (ROF), en concordancia coas previsións da lexislación autonómica de réxime local contidas na Lei 5/97, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, o nomeamento dos Tenentes de alcalde é competencia desta Alcaldía.

Considerando que, de acordo cos artigos 8 ROM, 23 LRBRL e 46 do ROF, o nomeamento dos Tenentes de alcalde debe facerse entre os membros da Xunta de Goberno Local e visto o Decreto de 27/06/2023 (res 783/2023), onde se nomean os membros do citado órgano.

En virtude do exposto e en uso das atribucións que me confire a normativa citada,

RESOLVO:

Primeiro.- Nomear como primeiro Tenente de alcalde a D. Rogelio Lema Mougán, membro da Xunta de Goberno Local.

Segundo.- Nomear como segundo Tenente de alcalde a D. José Manuel Guerra Calvelo, membro da Xunta de Goberno Local.

Terceiro.- Nomear como terceiro Tenente de alcalde a D. Ángel Barreiro Rodríguez, membro da Xunta de Goberno Local.

Cuarto.- Nomear como cuarta Tenente de alcalde a D.ª Mª Margarita Rosende Domínguez, membro da Xunta de Goberno Local.

Quinto.- Corresponde aos Tenentes de alcalde, en canto tales, substituír na totalidade das súas funcións e pola orde do seu nomeamento, á alcaldesa, nos casos de ausencia, enfermidade ou impedimento que imposibilite a esta para o exercicio das súas atribucións.

Sexto.- O presente Decreto surtirá efecto dende o día da súa data, sen prexuízo da súa preceptiva publicación no Boletín Oficial da Provincia, na web municipal, na Sede electrónica e no taboleiro de edictos da Corporación, debéndose notificar persoalmente ás persoas designadas, facéndolles constar que terán que manter informada á Alcaldía do exercicio das súas atribucións como alcaldesa/alcalde accidental, non podendo no citado exercicio nin modificar as delegacións xa efectuadas pola Alcaldía con anterioridade nin outorgar outras novas.

Sétimo.- Dar traslado do presente a todos os departamentos municipais, para o seu coñecemento e efectos oportunos, dándose conta ao Pleno na sesión extraordinaria que se convoque para dar cumprimento ao previsto no artigo 38 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades Locais.”

Teo, 19 de agosto de 2025

A alcaldesa

Lucía Calvo de la UZ


 


Xustificantes de Publicación: