DELEGACIÓN EN CONCELLEIRAS/OS
EXP: 2025/X999/000511
ANUNCIO
Con data do 27 de xuño de 2023, por esta Alcaldía ditouse a Resolución 786/2023, que de seguido se transcribe integramente:
“ASUNTO: DELEGACIÓN EN CONCELLEIRAS/OS
EXPEDIENTE: 2023/G003/000814
Visto o réxime xurídico das delegacións que a persoa titular da Alcaldía pode realizar en favor das/os concelleiras/os, de acordo co establecido nos artigos 6, 7 e 16 do Regulamento orgánico municipal (ROM), artigos 43 e ss do R.D 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, (ROF), en concordancia coas previsións da lexislación autonómica de réxime local contidas na Lei 5/97, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, e demais lexislación complementaria.
En virtude do exposto e no uso das atribucións conferidas polo normativa aplicable,
RESOLVO:
Primeiro.- Delegar nas/os concelleiras/os que se relacionan a continuación, as atribucións que igualmente se indican, sen facultades resolutorias:
1.- D. JOSÉ MANUEL GUERRA CALVELO, concelleiro delegado de Obras e Infraestruturas.
En xeral, as súas funcións serán todas as relacionadas coa área ou materia que se delegue, sen incluír a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros.
2.- D. ROGELIO LEMA MOUGÁN, concelleiro delegado de Medio Ambiente rural e urbano, Seguridade cidadá e Benestar animal.
En xeral, as súas funcións serán todas as relacionadas coa área ou materia que se delegue, sen incluír a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros.
3.- D. ROGELIO GÓMEZ FERNÁNDEZ, concelleiro delegado de Deportes e Xuventude.
En xeral, as súas funcións serán todas as relacionadas coa área ou materia que se delegue, sen incluír a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros.
4.- D.ª Mª MARGARITA ROSENDE DOMÍNGUEZ, concelleira delegada de Cultura, Turismo, Festas tradicionais e Festexos.
En xeral, as súas funcións serán todas as relacionadas coa área ou materia que se delegue, sen incluír a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros.
5.- D.ª Mª TERESA CASTRO FRAMIL, concelleira delegada de Transportes e Mobilidade.
En xeral, as súas funcións serán todas as relacionadas coa área ou materia que se delegue, sen incluír a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros.
6.- D.ª MARÍA VÁZQUEZ REY, concelleira delegada de Educación, Muller, Igualdade e Diversidade.
En xeral, as súas funcións serán todas as relacionadas coa área ou materia que se delegue, sen incluír a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros.
7.- D. JUAN JESÚS CERQUEIRO PINTOS, concelleiro delegado de Servizos Sociais, Familia, Infancia, 3ª Idade e Relacións Veciñais.
En xeral, as súas funcións serán todas as relacionadas coa área ou materia que se delegue, sen incluír a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros.
8.- D. ÁNGEL BARREIRO RODRÍGUEZ, concelleiro delegado de Desenvolvemento industrial e Economía local.
En xeral, as súas funcións serán todas as relacionadas coa área ou materia que se delegue, sen incluír a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros.
Segundo.- A Alcaldía, en calquera momento, poderá asumir as atribucións delegadas na presente Resolución, sen prexuízo da súa avocación conforme á lexislación de procedemento administrativo común.
Terceiro.- O presente Decreto surtirá efecto dende o día da súa data, sen prexuízo da súa preceptiva publicación no Boletín Oficial da Provincia, na web municipal, na Sede electrónica e no taboleiro de edictos da Corporación, debéndose notificar persoalmente aos destinatarios da delegación, aos efectos do previsto no artigo 114 do ROF que esixe, para á eficacia da mesma, a súa aceptación por parte da/o delegada/o, entendéndose tacitamente aceptada se no termo de tres días hábiles non fai manifestación expresa ante o órgano delegante de que non acepta a delegación.
Cuarto.- Dar traslado do presente a todos os departamentos municipais, para o seu coñecemento e efectos oportunos, dándose conta ao Pleno na sesión extraordinaria que se convoque para dar cumprimento ao previsto no artigo 38 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades Locais.”
Teo, 19 de agosto de 2025
A alcaldesa
Lucía Calvo de la UZ