PLAN ESPECIAL DE INFRAESTRUTURAS E DOTACIONS-PARA ACTIVIDADE HIPICA EN A PEDRA-RECESENDE
EXP: 2024/U035/000001
ANUNCIO
Por Resolución da Alcaldía do 21 de maio de 2025 aprobouse inicialmente o PLAN ESPECIAL DE INFRAESTRUTURAS E DOTACIÓNS CENTRO HÍPICA EN A PEDRA (SAN XOÁN), de setembro de 2024, promovido por Francisca López Pérez e redactado por ABTEMAS S.L. (rex. entrada nº 202400000004332, do 16/09/2024),
De conformidade cos artigos 47 da LSG e 86 do RLSG, suspéndese o procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición no ámbito do citado Plan Especial.
A duración da suspensión é de dous anos, contados dende a aprobación inicial, extinguíndose en todo caso coa aprobación definitiva do Plan Especial.
A área afectada pola suspensión localízase ao norte do núcleo de A Pedra, na parroquia de Recesende (San Xoán), cunha superficie de 18.587,95 m2, segundo se desprende do proceso de validación e inscrición levados a cabo, e abarca as parcelas de natureza rústica, segundo catastro, con referencias 15083A515016000000KW (solo rústico de Especial Protección Forestal R-3 do PXOM), 15083B503020310000SM (solo rústico de Especial Protección Forestal R-3 do PXOM) e 15083B503005590000SQ (solo rústico de Especial Protección Agropecuaria R-2 do PXOM).
Sométese o expediente a información pública por prazo de dous meses mediante a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, na Voz de Galicia, no taboleiro de edictos do Concello e no Boletín Oficial do Estado (75 da LSG, 186 e 207 RLSG e 44 LPACAP). Durante ese prazo, que se computara a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, poderán presentarse alegacións, suxestión ou documentos que se consideren oportunos en relación co instrumento ou o expediente sometido a información pública (artigo 207.2d) do RLSG).
O anuncio que se publique no BOE servirá de notificación nos termos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, para todas as persoas propietarias e interesadas directamente afectadas que por resultar descoñecidas ou por se ignora-lo seu enderezo non poidan ser notificadas persoalmente, ou intentada a notificación non se puidese practicar.
O anuncio de información pública publicarase así mesmo na paxina web do Concello (www.teo.gal) (artigo 70 ter da LRBRL, 87 da LSG, 206 do RLSG e 25.4 do TRLSRU).
De conformidade co artigo 25.3 do TRLSRU, na documentación exposta ao público inclúese un resume executivo expresivo dos extremos sinalados no artigo citado.
O expediente completo estará a disposición dos interesados no departamento de urbanismo do Concello, de luns a venres, de 09:00 a 14:00 horas.
Teo, 20 de xuño de 2025
A alcaldesa
Lucía Calvo de la Uz