Sede electrónica Concello de Teo

17:28:24 Luns 19 de maio 2025

Información

SECRETARÍA

07/05/2025

Modificación puntual non substancial do PXOM, Modificación puntual nº 4

EXP: 2025/U032/000003

ANUNCIO

 

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 30 de abril de 2025, acordou aprobar inicialmente a MODIFICACIÓN PUNTUAL NON SUBSTANCIAL DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE TEO. MODIFICACIÓN PUNTUAL Nº 4. ACTUACIÓNS RESIDENCIAIS UNITARIAS CONSOLIDADAS, do 18 de marzo de 2025, promovido de oficio polo Concello de Teo e redactado polos servizos técnicos municipais.

 

De conformidade cos artigos 47 da LSG e 86 do RLSG, suspéndese o procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición no ámbito da citada modificación puntual non substancial.

 

A duración da suspensión é de dous anos, contados dende a aprobación inicial, extinguíndose en todo caso coa aprobación definitiva da modificación puntual non substancial.

 

A área afectada pola suspensión é a do ámbito da modificación substancial que se concreta nas ordenanza U-6. Actuacións residenciais unitarias consolidadas (artigo 109 PXOM).

 

Sométese o expediente a información pública por prazo de un mes mediante a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, na Voz de Galicia, no taboleiro de edictos do Concello e no Boletín Oficial do Estado (83 da LSG, 200 e 207 RLSG e 44 LPACAP). Durante ese prazo, que se computará a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, poderán presentarse alegacións, suxestións ou documentos que se consideren oportunos en relación co instrumento ou o expediente sometido a información pública (artigo 207.2d) do RLSG).

 

O anuncio que se publique no BOE servirá de notificación nos termos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, para todas as persoas propietarias e interesadas directamente afectadas que por resultar descoñecidas ou por se ignorar o seu enderezo non poidan ser notificadas persoalmente, ou intentada a notificación non se puidese practicar.

 

O anuncio de información pública publicarase así mesmo na paxina web (www.teo.gal), na sede electrónica (artigo 70 ter da LRBRL, 87 da LSG, 206 do RLSG e 25.4 do TRLSRU) e no portal de transparencia do Concello de Teo (7e) LT).

 

O expediente completo estará a disposición das persoas interesadas no departamento de urbanismo do Concello, de luns a venres, de 09:00 a 14:00 horas.

 

Teo, 7 de maio de 2025

A alcaldesa

 

Lucía Calvo de la Uz


Xustificantes de Publicación: