INFORMACIÓN PÚBLICA DO ESTUDO DE VIABILIDADE ECONÓMICO–FINANCEIRA PARA A ADXUDICACIÓN DO CONTRATO DE
EXP: 2025/C006/000001
O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 30/04/2025, acordou aprobar inicialmente o estudo de viabilidade económica financeira para o Contrato de Concesión dos servizos nas instalacións deportivas municipais da piscina cuberta climatizada da Ramallosa e da piscinas de verán de Insua (Luou) e Os Tilos no Concello de Teo.
De acordo cos artigos 285.2 en relación co 247.3 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público sométese a información pública mediante anuncio no Taboleiro de edictos do Concello, no BOP de A Coruña e na sede electrónica do concello durante o prazo dun mes a contar dende a publicación do anuncio no BOP, a fin de que as persoas interesadas poidan presentar as alegacións que estimen pertinentes. Poderase consultar no portal de transparencia (https://teo.gal/gl) e na sede electrónica do Concello de Teo (https://sede.teo.gal/sxc/gl/informacion/).
No caso de que non se presentara ningunha alegación, entenderase definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional, facéndose así publico no BOP da Coruña e no perfil do contratante do Concello de acordo co artigo 247.7 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.
O expediente atópase a disposición das persoas interesadas no departamento de Secretaría do Concello de Teo, de luns a venres, en horario de 08:00 a 15:00 hs.
Teo, 2 de maio de 2025
A Alcaldesa
Lucía Calvo de la Uz
Pódese acceder ao documento no seguinte enlace: https://www.teo.gal/gl/tramites/convocatoria/informacion-publica-estudo-de-viabilidade-para-adxudicacion-do-contrato-de-0