Modificación puntual non substancial do PXOM, Modificación puntual nº 3
EXP: 2025/U032/000002
ANUNCIO
O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 26 de marzo de 2025, acordou aprobar inicialmente a MODIFICACIÓN PUNTUAL NON SUBSTANCIAL DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE TEO. MODIFICACIÓN PUNTUAL Nº 3. NORMATIVA E ORDENANZAS, do 3 de marzo de 2025, promovido de oficio polo Concello de Teo e redactado polos servizos técnicos municipais.
De conformidade cos artigos 47 da LSG e 86 do RLSG, suspéndese o procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición no ámbito da citada modificación puntual non substancial.
A duración da suspensión é de dous anos, contados dende a aprobación inicial, extinguíndose en todo caso coa aprobación definitiva da modificación puntual non substancial.
A área afectada pola suspensión é a totalidade do termino municipal.
Sométese o expediente a información pública por prazo de un mes mediante a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, na Voz de Galicia, no taboleiro de edictos do Concello e no Boletín Oficial do Estado (83 da LSG, 200 e 207 RLSG e 44 LPACAP). Durante ese prazo, que se computara a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, poderán presentarse alegacións, suxestión ou documentos que se consideren oportunos en relación co instrumento ou o expediente sometido a información pública (artigo 207.2d) do RLSG).
O anuncio que se publique no BOE servirá de notificación nos termos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, para todas as persoas propietarias e interesadas directamente afectadas que por resultar descoñecidas ou por se ignora-lo seu enderezo non poidan ser notificadas persoalmente, ou intentada a notificación non se puidese practicar.
O anuncio de información pública publicarase así mesmo na paxina web (www.teo.gal), na sede electrónica (artigo 70 ter da LRBRL, 87 da LSG, 206 do RLSG e 25.4 do TRLSRU) e no portal de transparencia do Concello de Teo (7e) LT).
O expediente completo estará a disposición dos interesados no departamento de urbanismo do Concello, de luns a venres, de 09:00 a 14:00 horas.
Teo, na data da sinatura dixital
A alcaldesa
Lucía Calvo de la Uz