Sede electrónica Concello de Teo

06:39:34 Mércores 9 de abril 2025

Información

SECRETARÍA XERAL

01/04/2025

Aprobación definitiva de cesión de parcela a VIPUGAL

EXP: 2025/X999/000040

 

 

ANUNCIO

APROBACIÓN DEFINITIVA DE CESIÓN DE PARCELA A VIPUGAL PARA A CONSTRUCCIÓN DE VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA

 

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 29 de xaneiro de 2025, acordou aprobar inicialmente a cesión gratuíta á Sociedade de Vivenda Pública de Galicia da parcela integrada no Patrimonio Municipal do Concello de Teo que se detalla a continuación, para a construción de vivendas de promoción pública:

- Parcela SAUR-2 (URB. As Galanas)

Localización: rua Cernadelo, núm. 12, As Galanas-Calo, Teo (A Coruña)

Superficie: 1.985,10 m2

Referencia catastral: 3523105NH3432S0001LP

 

Segundo o exposto e de acordo cos artigos 110.1 f) do RBEL e 83 da LPAC, someteuse o expediente a información pública, mediante publicación de anuncio no BOP da Coruña (04/02/2025) e no taboleiro de anuncios do Concello (04/02/2025), polo prazo de 20 días, a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio no BOP, a fin de que as persoas interesadas puideran presentar as alegacións que estimaran pertinentes, presentándose o 21 de febreiro de 2025 escrito de alegacións pola Agrupación de Comunidades Residencial Campos de Mirabel (rex. entrada nº 202599900000511).

 

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 26 de marzo de 2025, acordou desestimar as alegacións presentadas e aprobar definitivamente a cesión gratuíta á Sociedade de Vivenda Pública de Galicia da parcela integrada no Patrimonio Municipal do Concello de Teo indicada, para a construción de vivendas de promoción pública.

 

O que se fai público para xeral coñecemento.

 

Teo, 27 de marzo de 2025

A alcaldesa

Lucía Calvo de la Uz


Xustificantes de Publicación: