APROBACIÓN DEFINITIVA NOVAS TARIFAS DE TAXI
EXP: 2024/V015/000011
ANUNCIO
APROBACIÓN DEFINITIVA TARIFAS SERVIZOS URBANOS DE TAXI DO CONCELLO DE TEO
O Pleno municipal, na sesión ordinaria do 30 de outubro de 2024, acordou aprobar inicialmente as tarifas de aplicación aos servizos urbanos de taxi no Concello de Teo.
O expediente someteuse a información pública mediante anuncio no BOP (nº 214 do 06/11/2024), no taboleiro de anuncios da Corporación, na web municipal, no taboleiro da sede electrónica do Concello de Teo, e no Portal de Transparencia, durante o prazo de 20 días, contado a partir do día seguinte á publicación do anuncio no BOP de A Coruña, para a presentación de alegacións, facendo constar que no suposto de que non se formularan alegacións e se dispuxera da autorización do órgano autonómico competente, o acordo elevaríase automaticamente a definitivo, sen necesidade de acordo plenario, debéndose así facer público no Boletín Oficial da Provincia.
De acordo co exposto, transcorrido o período de información pública, sen que se formularan alegacións, o expediente foi remitido á Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia aos efectos de solicitar a autorización das tarifas aprobadas inicialmente, segundo o previsto no Real Decreto-Lei 7/1996, do 7 de xuño, sobre medidas urxentes de carácter fiscal e de fomento e liberalización da actividade económica e o Real Decreto 2695/1977, do 28 de outubro, sobre normativa en materia de prezos, recibíndose autorización do órgano autonómico o 17 de decembro de 2024 (rex. entrada nº 202490000003344).
En cumprimento do acordado polo Pleno o 30 de outubro de 2024, ao non terse presentado alegacións e contando coa autorización do órgano autonómico competente, a aprobación inicial quedou elevada a definitiva, facéndose público no Boletín Oficial da Provincia nº 246 do 23/12/2024.
De acordo co exposto, fanse públicas as tarifas dos servizos urbanos de taxi do Concello de Teo.
Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o Pleno da Corporación, no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente, ao abeiro do establecido no artigo 123.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas (LPACAP) ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela que corresponda no prazo de dous meses, desde o día seguinte ao da publicación do presente, de acordo co establecido nos artigos 8.1 e 46.1 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo se se interpuxera o potestativo de reposición, en tanto non se resolva expresamente ou se produza a desestimación presunta do mesmo polo transcurso do prazo dun mes desde a súa interposición, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da LPACAP.
TARIFAS DE APLICACIÓN AOS SERVIZOS URBANOS DEFINITIVAMENTE APROBADAS
CONCEPTOS |
IMPORTES |
IMPORTES |
|
|
|
TARIFA 1 |
CON IVE |
SEN IVE |
Percepción mínima (a) |
4,00 € |
3,64 € |
KM percorrido |
1,05 € |
0,95 € |
Hora de espera |
21,00 € |
19,09 € |
|
|
|
TARIFA 2 |
CON IVE |
SEN IVE |
Percepción mínima (b) |
5,00 € |
4,55 € |
KM percorrido |
1,40 € |
1,27 € |
Hora de espera |
30,00 € |
27,27 € |
APLICACIÓN DE TARIFAS
TARIFA 1: Aplicable en días laborais de 06.00 a 22.00 horas
TARIFA 2: Aplicable en días laborais de 22.00 a 06.00 horas, así coma os sábados, domingos, festivos e o 24 e 31 de decembro durante as 24 horas.
(a) - A percepción mínima en Tarifa 1 inclúe 1.500 metros, ou o tempo equivalente
(b) - A percepción mínima en Tarifa 2 inclúe 1.500 metros, ou o tempo equivalente
SUPLEMENTOS APLICABLES EN AMBAS TARIFAS |
CON IVE |
SEN IVE |
Ocupación do maleteiro (a) |
1,00 € |
0,91 € |
Traslado de mascotas (b) |
1,00 € |
0,91 € |
Reserva de servizo (c) |
3,00 € |
2,73 € |
Traslado de bicicletas |
3,50 € |
3,18 € |
Noiteboa e fin de ano (d) |
2,00 € |
1,82 € |
EXCEPCIÓNS E ACLARACIÓNS SOBRE SUPLEMENTOS:
(a) Non se cobrará este suplemento por transportar cadeiras de persoas con mobilidade reducida e cadeiras de bebés, ao non considerarse vultos.
(a) Cada pasaxeiro ten dereito a transportar gratuitamente no maleteiro do vehículo un vulto de equipaxe ou pertenza.
(b) Este suplemento non se aplicará en ningún caso polo traslado de cans guía.
(c) Este suplemento aplicarase sempre que a persoa usuaria efectúe a reserva do servizo con antelación á data ou hora de realización.
(d) Suplemento de Noiteboa e fin de ano (en ambas as dúas tarifas):
Día 24 de decembro, dende as 22.00 ás 8.00 horas do día 25 de decembro
Día 31 de decembro, dende as 22.00 ás 8.00 horas do 1 de xaneiro
Teo, 23 de decembro de 2024
A alcaldesa
Lucía Calvo de la Uz