MODIFICACIÓN REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE TAXI NO CONCELLO DE TEO
EXP: 2024/G013/000003
ANUNCIO
Para dar cumprimento á cláusula segunda do Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Teo para a execución das obras de construción dun novo centro de saúde no Concello de Teo, asinado o 30 de marzo de 2023, o Pleno municipal, na sesión ordinaria do 30 de outubro de 2024, acordou aprobar inicialmente a mutación demanial subxectiva, con transmisión de titularidade a favor do SERGAS, da finca 1861-1-1862 do plano xeral de concentración parcelaria de Cacheiras-Recesende, para a construción dun novo centro de Saúde no Concello de Teo, sen cambiar a súa natureza de ben de dominio público afecto a un servizo público.
De acordo co exposto, sométese o expediente a información pública mediante anuncio no BOP, no taboleiro de anuncios da Corporación e na web municipal, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no BOP de A Coruña, para que as persoas interesadas poidan presentar as alegacións e/ou reclamacións que estimen pertinentes.
No caso de formularse alegacións e/ou reclamacións durante o trámite de información pública, serán resoltas pola Corporación, considerándose aprobada definitivamente a mutación demanial subxectiva, con transmisión da súa titularidade ao SERGAS, para o caso de que non se formulasen, debéndose así facer público no Boletín Oficial da Provincia.
O expediente completo estará a disposición das persoas interesadas no departamento de Secretaría do Concello, de luns a venres, de 09:00 a 14:00 horas.
Teo, a 31 de outubro de 2024.
A alcaldesa
Lucía Calvo de la Uz