MODIFICACIÓN REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE TAXI NO CONCELLO DE TEO
EXP: 2024/G013/000003
ANUNCIO
APROBACIÓN INICIAL MODIFICACIÓN REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE TAXI
O Pleno municipal, na sesión ordinaria de 30 de outubro de 2024, acordou aprobar inicialmente a modificación do Regulamento de funcionamento do servizo de taxi no Concello de Teo, modificando o artigo 11, que quedará redactado conforme se recolle a continuación, e eliminando o seu anexo II, referida ás tarifas, para a súa aprobación nun expediente diferenciado, e sometelo a información pública.
“Artigo 11.- Tarifas
As tarifas de aplicación aos servizos urbanos de taxi serán as fixadas polo Concello de Teo e as tarifas aplicables aos servizos interurbanos serán fixadas pola consellería competente en materia de transporte da Xunta de Galicia, cumprindo co establecido no artigo 40 da Lei 4/2013.”
De acordo co exposto e para dar cumprimento ao previsto no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, sométese o expediente a información pública mediante anuncio no BOP, no taboleiro de anuncios do Concello e na web municipal, durante o prazo de 30 días, contado a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no BOP de A Coruña, co obxecto de que toda persoa interesada poida formular as reclamacións e suxerencias que estime oportunas.
No suposto de que non se formulen reclamacións e/ou suxerencias durante a exposición pública quedará aprobado definitivamente a modificación do Regulamento citado, debéndose facer público no BOP.
O expediente completo estará a disposición das persoas interesadas no departamento de Secretaría do Concello, de luns a venres, de 09:00 a 14:00 horas.
O expediente completo estará a disposición das persoas interesadas no departamento de Secretaría do Concello, de luns a venres, de 09:00 a 14:00 horas.
Teo, 31 de outubro de 2024
A alcaldesa
Lucía Calvo de la Uz