Sede electrónica Concello de Teo

18:24:47 Martes 3 de decembro 2024

Información

SECRETARIA

05/11/2024

SOLICITUDE DE APROBACIÓN DE NOVAS TARIFAS URBANAS DE TAXI -

EXP: 2024/V015/000011

ANUNCIO

APROBACIÓN INICIAL TARIFAS SERVIZOS URBANOS DE TAXI

 

O Pleno municipal, na sesión ordinaria do 30 de outubro de 2024, acordou aprobar inicialmente as tarifas de aplicación aos servizos urbanos de taxi no Concello de Teo, que se recollen no presente, e someter o expediente a información pública.

 

De acordo co exposto, sométese o expediente a información pública mediante anuncio no BOP, no taboleiro de anuncios da Corporación e na web municipal, durante o prazo de 20 días, contado a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no BOP de A Coruña, para a presentación de alegacións.

 

No suposto de que non se formulen alegacións e se dispoña da autorización da Comisión de prezos, o acordo elevarase automaticamente a definitivo, sen necesidade de acordo plenario, debéndose así facer público no Boletín Oficial da Provincia.

 

O expediente completo estará a disposición das persoas interesadas no departamento de Secretaría do Concello, de luns a venres, de 09:00 a 14:00 horas.

 

TARIFAS APROBADAS INICIALMENTE

CONCEPTOS

IMPORTES

IMPORTES

 

 

 

TARIFA 1

CON IVE

SEN IVE

Percepción mínima (a)

4,00 €

3,64 €

KM percorrido

1,05 €

0,95 €

Hora de espera

21,00 €

19,09 €

 

 

 

TARIFA 2

CON IVE

SEN IVE

Percepción mínima (b)

5,00 €

4,55 €

KM percorrido

1,40 €

1,27 €

Hora de espera

30,00 €

27,27 €

 

APLICACIÓN DE TARIFAS

TARIFA 1: Aplicable en días laborais de 06.00 a 22.00 horas

TARIFA 2: Aplicable en días laborais de 22.00 a 06.00 horas, así coma os sábados, domingos, festivos e o 24 e 31 de decembro durante as 24 horas.

 

(a) - A percepción mínima en Tarifa 1 inclúe  1.500 metros, ou o tempo equivalente

(b) - A percepción mínima en Tarifa 2 inclúe 1.500 metros, ou o tempo equivalente

 

SUPLEMENTOS APLICABLES EN AMBAS TARIFAS

CON IVE

SEN IVE

Ocupación do maleteiro (a)

1,00 €

0,91 €

Traslado de mascotas (b)

1,00 €

0,91 €

Reserva de servizo (c)

3,00 €

2,73 €

Traslado de bicicletas

3,50 €

3,18 €

Noiteboa e fin de ano (d)

2,00 €

1,82 €

 

EXCEPCIÓNS E ACLARACIÓNS SOBRE SUPLEMENTOS:

(a) Non se cobrará este suplemento por transportar cadeiras de persoas con mobilidade reducida e cadeiras de  bebés, ao non considerarse vultos.

(a) Cada pasaxeiro ten dereito a transportar gratuitamente no maleteiro do vehículo un vulto de equipaxe ou pertenza.

(b) Este suplemento non se aplicará en ningún caso polo traslado de cans guía.

(c) Este suplemento aplicarase sempre que a persoa usuaria efectúe a reserva do servizo con antelación á data ou hora de realización.

(d) Suplemento de Noiteboa e fin de ano (en ambas as dúas tarifas):

Día 24 de decembro, dende as 22.00 ás 8.00 horas do día 25 de decembro

Día 31 de decembro, dende as 22.00 ás 8.00 horas do 1 de xaneiro

 

 

Teo, 31 de outubro de 2024

A alcaldesa

 

 

Lucía Calvo de la Uz

 


Xustificantes de Publicación: